O mércores 24 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía de Castro. O noso alumnado participou nun acto organizado polo Concello de Vigo no Mercado do Calvario. Limos poesías que previamente traballáramos na clase da nosa poetisa por excelencia, e o Alcalde animou aos rapaces a empregar o galego na súa vida diaria.
Velaquí uns recortes da prensa que recollen o acto e un vídeo do mesmo.
Moi boa iniciativa e estupenda actividade para que os escolares compartan a Rosalía de Castro con toda a cidadanía.
ResponderEliminar