CONCERTO DIDÁCTICO NO CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DE VIGO
'Heroes e viláns musicais'
Os alumnos de 5º de
Educación Primaria participaron no concerto didáctico 'Heroes e viláns
musicais' organizado polo Conservatorio Superior de Música de Vigo. O obxectivo
é fomentar a música entre os máis cativos.
Desde
sempre os relatos das fazañas dos heroes e heroínas mitolóxicos, dos valentes
personaxes da historia o dos máis incribles protagonistas da literatura e arte
serviron de inspiración para compositores de diferentes xeracións.
Se premes enriba da foto podes escoitar a banda sonora dunha película moi coñecida.
Se premes enriba da foto podes escoitar a banda sonora dunha película moi coñecida.
Os rapaces entraron no conservatorio superior de música
ao ritmo de Rocky, interpretado pola banda sinfónica do Conservatorio.
Entre outras composicións escoitaron un fragmento da
Obertura de 1.812. Op. 40 do compositor Tachaikovskye música de John Williams:
fragmentos da banda sonora de Superman, das olimpíadas, ...
Identificaron instrumentos da familia de vento metal e
percusión. Algúns alumnos saíron a tocar algúns destes instrumentos
Explicaron algúns recursos que empregan os músicos
para componer: dinámica, tempo, articulación, e modo
No hay comentarios:
Publicar un comentario