martes, 6 de marzo de 2018

Concerto didáctico sobre música galega



O martes 27 de febreiro de 2.018 o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria asistiron a un Concerto didáctico sobre a música galega e a súa evolución. Tivo lugar no auditorio Martín Codax e foi interpretado polo Grupo de Música Tradicional do Conservatorio Superior de Música de Vigo.
O programa foi moi variado: xotas, muiñeiras, un alalá, un pasodobre. As súas interpretacións foron de gran calidade.
Ademais dos instrumentos tradicionais como : a zanfona, o tamboril, o pandeiro , o bombo e a gaita, tamén escoitamos clarinetes, saxofóns, a tuba e o acordeón.
O remate da súa actuación cantamos con eles o retrouso do Pasodobre de Imende.
Aquí vos deixamos unhas imaxes do evento. Onde o alumnado e o profesorado desfrutamos moito.
Parabéns ao Conservatorio Superior de Música de Vigo e ao Concello  por promocionar a cultura musical.


https://photos.app.goo.gl/KQirRmsLm72t7b1r1
                                   ( Preme na image para ver todas as FOTOS)

No hay comentarios:

Publicar un comentario