A FESTA DO MAGOSTO resultou animada e superlúdica. Durante a semana comezaron os preparativos elaborando as nosas creativas caixas de aula, cestiños e cucuruchos para as castañas. Aprendemos a canción para ese día
Novamente contamos con xogos que tan amablemente nos presta a asociación de xogos tradicionais e o concello do Grove.
O alumnado de E.Infantil gozou da xornada de xogos na súa zona. Elaboraron uns fantásticos cestiños para as súas castañas.
O alumnado de 6º participou como colaboradores ,asesorando e axudando aos mais pequenos. Todos/as gozaron pasando polos postos con propostas inxeniosas e que "molaban" moito.
Para finalizar, chegou a papatoria das riquísimas castañas asadas que nos preparou o castañeiro que adoita estar polo barrio do Calvario.
PASÁMOLO XENIAL!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario