O xoves 17 de xaneiro,todo o alumnado de 4º de primaria, participou nunha carreira de Cross Escolar organizada polo Servio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia na categoría de Alevin masculino e feminino.
O circuito estába localizado no campo de fútbol de Zamáns ( alto de San Cosme).
Aínda que o día amaneceu frío, todos e todas tiñan espíritu de atleta, e así enfundados nos seus chándales e zapatillas deportivas, iniciaron a súa andaina no mundo do deporte.
Aquí podedes ver un video que grabaron as familias de Rodrigo e Irene. Grazas por compartir connosco estes momentos.
Mirade que ben o fixeron!!
Toda a rapazada conseguiu chegar a meta, e ademáis algúns dos rapaces quedaron entre os primeiros e tivemos unha gañadora!!!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario