miércoles, 20 de marzo de 2013

DOMINÓ MUSICAL

Os alumnos e alumnas de quinto tivemos a sorte de xogar a dúas modalidades de dominó: "O dominó das Notas Musicais" e o "O Dominó das Figuras Musicais" nas clases coa mestra Teresa.

Como no xogo do dominó tradicional, cada neno recibiu 7 fichas ao comezar e as fichas restantes gárdanse no pozo. 

No dominó das notas musicais comeza a ronda o xogador que teña a ficha co dobre que conteña o nome do delegado da clase. (Exemplo: se o encargado da clase é Candela ou Alberto: comezará o LA dobre; se é Roberto comezará o RE dobre...). No caso de non ter dobres ningún dos xogadores, comezará o que teña a ficha que diga a mestra. A partir dese momento, os xogadores deberán colocar as fichas de tal forma que o nome da nota musical dun dos lados da ficha coincida coa nota musical do extremo onde se está colocando.


Por outra banda, no dominó das figuras musicais comeza a ronda o xogador que teña a ficha co dobre que conteña a consigna que dea a mestra, por exemplo a ficha que teña a figura de maior duración...  No seu turno, cada xogador debe colocar unha das súas fichas de tal forma que a figura ou silencio dun dos lados da ficha coincida coa figura ou silencio do extremo onde se está a colocar.

No seguinte vídeo poderedes ver o ben que o pasamos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario