A
clase de 4º A e 4º B fomos a excursión andando. O tempo era soleado pero facía
moito frío. Baixamos pola rúa Urzáiz e vimos as obras do ferrocarril
AVE, seguimos por Alfonso XIII e Rosalía de Castro onde vimos unha escultura
dela. Na praza da Estrela fixemos unha
foto no monumentos do nadador .
Cando
chegamos ó edificio da Xunta tivemos que
separarnos e primeiro entraron os de 4º A e mentre os de 4º B xogamos e dimos un paseo polo Náutico e vimos
peixes, barcos e unha estatua de Julio
Verne sentado enriba dun polbo. Era moi bonita. Tamén fixemos alí unha foto.
Despois
tocounos o turno a nos e explicáronnos
como é o funcionamento do E.D.A.R., (a
nova depuradora), que se vai facer na desembocadura do río Lagares e os
beneficios que aporta tela. Puxeron un vídeo en 3 D, cando rematou a visita
déronnos un libro de xogos, unha libreta e un lápis.
Logo
todos xuntos fixemos un descanso,e
aproveitamos para merendar no Náutico e xogar un poquiño. Tamén había outra
estatua dun nadador.
Que
gañas tiña de merendar!
A
volta viñemos en Vitrasa e aproveitamos o tempo porque paseamos pola Alameda e
vimos os buzóns de correos con cabeza de león.
Gustoume
moito a excursión porque vimos moitas cousas interesantes e o pasei moi ben con
meus amigos e profes. Cando chegamos ó cole estabamos todos moi contentos e
felices.
(Enzo, Adriana,Jessica e Lucas)
No hay comentarios:
Publicar un comentario