CONCERTO DIDÁCTICO NO CSM VIGO
O 5 de abril os
alumnos de 6º de E.P. asistiron a un CONCERTO DIDÁCTICO , interpretado pola
Banda de Música Sinfónica do CSM Vigo (
Conservatorio Superior de Música de Vigo), no seu auditorio Martín Codax.
Neste
concerto explicaron a importancia da música
incidental, sobre todo nas películas e na publicidade. Vimos imaxes de
películas e videoxogos mentres escoitabamos a música en directo da Banda de
Música Sinfónica do CSM Vigo
Algúns
alumnos leron unha historia e a Banda ambientaba coa música.
Dende aquí a nosa felicitación ao CSM
Vigo
Da
Suite Peer Gynt interpretaron
diversas pezas, entre elas: O amencer e Na
gruta do rei da montaña, ...
Dentro
das actividades a realizar no centro, previo ao concerto didáctico, era a
creación por parte do alumnado dun cómic, baseado nun destes temas da Suite
Peer Gynt: O amencer, Na gruta do rei da montaña, O retorno de Peer Gynt.
As
alumnas Candela Estévez García e Malena Lorenzo Diz realizaron este
cómics que logo proxectaron no salón do auditorio, mentres escoitabamos a
música. Aquí podedes ver a boa calidade dos seus traballos.
A
alumna Esmeralda Campos Fernández, despois do concerto, fixo a súa versión do
comic de Peer Gynt.
No hay comentarios:
Publicar un comentario