lunes, 27 de marzo de 2017

HISTORIA DO VIOLÍN TROMPETA.

Dentro da programación para Escolares Afundación, chega a vigo a marabillosa historia do violín trompeta, de Fetén Fetén. Un percorrido por diferentes culturas, ritmos, timbres e sonoridades da música popular europea do s. XX para 5º e 6º de Primaria.
O alumnado do Pombal participou dunha viaxe a través dos diferentes ritmos e melodías da música de baile do noso país. Con imaxinación e creatividade converteremos ao violín nunha gaivota ou unha vaca! e escoitaremos a brisa mariña desde o fol do acordeón. Poderemos deixarnos levar polo misterioso e doce son do serrucho mentres escoitamos o Ave María de Schubert, ou violín trompeta rumorea un foxtrot ou un vals melancólico.
Disfrutamos inmensamente con esta actividade, favoreceu a participación e convidounos ao desenvolvemento da creatividade e imaxinación. BRAVOOOO!!!

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d103566607k5861845o1l1/a-marabillosa-historia-do-violn-trompeta
                                           ( Preme na imaxe para ver as fotos da actuación)



No hay comentarios:

Publicar un comentario