No escenario tres músicos e dous actores
desenvolven unha historia que se inicia coa chegada dun ornitólogo que anda en
busca dun paxaro, perdido, en extinción… e que prefire a compañía dos paxaros á
da xente, porque como di: “A xente só sabe facer guerras”. Unha personaxe
misteriosa faralle ver a través das cancións que a xente podemos facer moitas
cousas para aprender a vivir en paz, “porque a paz está en cada un de nós. Non
está nin nas árbores, nin no mar, nin nas montañas, nin no ceo,…, está dentro
de cada un. E coa axuda de todos e de todas podemos facer que chegue a calquera
lugar da terra”.
Esta historia baséase no libro-cd A bruxa
Discordia. Cancións para a paz (editorial Galaxia 2016) de Carmen Gil e o grupo
Mamá Cabra.
(Preme na imaxe para ver as fotos)
Os nosos alumnos de 1º e 2º de Educación
Primaria asistiron o 8 de de marzo, ó concerto-teatro PAXARO AMIGO.Desfrutaron
moito cantando e participando cos músicos e os actores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario